A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan o VIII Concurso de microrrelatos, no que serán premiadas as nove mellores composicións que se presenten nas tres categorías: infantil, xuvenil e maiores de idade. Podedes enviar os traballos ata o 28 de febreiro.
Todos os detalles da convocatoria están en: https://relatos.gal/.
Ademáis o IES Castelao de Vigo organiza, no marco das conmemoracións deste ano dedicado ao ilustre rianxeiro, o concurso literario-artístico As Cousas do Castelao.
Poderán participar alumnas e alumnos de calquera centro de Galicia e tamén persoas adultas. As obras, que terán que ser inéditas e constar de texto e ilustración ao xeito das Cousas, deberán remitirse ao correo: cousasdocastelao@gmail.com, ata o 30 de marzo.
Animádevos a participar!