Coma cada ano na nosa parroquia terá lugar a Festa da Sementeira. Deixámosvos o cartel coa programación por se vos animades a participar.
mércores, 30 de abril de 2025
venres, 25 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO
Un ano máis, conmemoramos na escola o Día do libro, co apadriñamento lector no que os maiores escollen un conto adaptado aos pequenos e comparten xuntos a lectura do mesmo.
Este ano por mor do tempo tocounos facelo no interior do centro no que cada parella buscou un recanto do seu agrado para ler; e ao rematar, os maiores tamén tiveron unha sorpresa feita con moito cariño polos pequenos: un marca páxinas personalizado.
mércores, 23 de abril de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º de E.P. e 6º de E.P. do CEIP Vilatuxe queren recomendarvos algúns dos seus contos e libros favoritos para festexar que hoxe é o día do libro.
Estamos seguras de que moitos deles xa os coñecedes...
Cal sería a vosa recomendación?
Recomendación de E.I:
Recomendación de 1º E.P:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
TEMOS TALENTO
Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...
-
Dende o Equipo de dinamización da lingua galega traemos unha nova proposta para toda a comunidade educativa. Animádevos a poñela en práctica...
-
Se non sabes que facer esta fin de semana, unha boa idea e ver algunha película ou serie en Galego. E para que poidas atopar unha grande sel...
-
Na segunda xornada da Semana Cultural as protagonistas foron as Cantareiras, ás que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Aprendi...


