luns, 20 de xaneiro de 2025

DÍA DO GALEGO

Dende o Equipo de dinamización da lingua galega traemos unha nova proposta para toda a comunidade educativa.

Animádevos a poñela en práctica en todos os ámbitos da vosa vida!






xoves, 2 de xaneiro de 2025

Abróchense os cintos de seguridade que a viaxe vai comezar!

Unha viaxe polo mundo para coñecer outras tradicións de Nadal, xa que a mellor forma de valorar a importancia e riqueza da nosa cultura é coñecer outras.

Nesta viaxe as nais da ANPA, xunto con Andy, Nico e a nosa auxiliar de conversa Ross, leváronnos ate Filipinas, Arxentina, Xapón e Escocia para afondar nas celebracións e costumes típicos desta época do ano neses países. 





xoves, 19 de decembro de 2024

 Onte o alumnado de 6º de E.I. e 2º, 4º e 6º de E.P. participaron nos primeiros obradoiros do programa "Camiña con nós pola igualdade" ofertados polo Concello de Vigo.

Os máis pequenos aprenderon o significado dunha nova palabra: Corresponsabilidade.

E ti, sabes o que significa e o que conleva?

Convidámoste a que nolo contes en comentarios.



mércores, 13 de novembro de 2024

 O pasado luns 11 de novembro festexamos na escola o noso Magosto, no que contamos un ano máis coa presenza inestimable dos avós e avoas do alumnado e como novidade deste curso, con algúns dos residente de "O lecer".

Non faltaron as castañas asadas nesta xornada de convivencia amenizada con xogos tradicionais guiados e organizados pola ANPA en colaboración cos equipos de actividades extraescolares e dinamización da lingua galega.

E para que poidades ver o ben que o pasamos, aquí deixamos un pequeno vídeo cos mellores momentos do día.






mércores, 30 de outubro de 2024

 Onte tivemos unha sorpresa terrorífica, da man das nais da ANPA, que prepararon para nós con moito agarimo, unha actividade na que a tradición oral das lendas de Samaín enfeitizounos a todos.




xoves, 24 de outubro de 2024

Como ben sabedes, o 24 de outubro conmemórase o día das bibliotecas escolares e este é un ano moi especial para a nosa biblioteca, xa que tralo cambio de ubicación e as reformas que se fixeron, por fin realizouse a apertura da mesma, con diferentes actividades nas que o alumnado dos clubs de lectura contáronnos un conto e explicáronnos os diferentes usos deste novo espazo.




mércores, 23 de outubro de 2024

Benvidos e benvidas ao novo blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Josefa Alonso. 

Agardamos que sexa unha maneira de aconchegarse ao galego, deixando unha semente para enraizar a nosa lingua en todos e todas.


TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...