mércores, 19 de marzo de 2025

Hoxe o alumnado de E.I. da escola, acudiu á Sala Ártika para gozar da representación da obra: "Pum! Pum! Quen hai?" unha comedia musical que celebra a curiosidade, a diversidade e o valor da convivencia, mesturando humor, música e emocións.

Dita sala, este ano, festexa o seu décimo aniversario cun percorrido cheo de arte, creatividade e innovación escénica nun espazo independente e comprometido coa cultura Galega.

Podedes atopar máis información sobre a programación que teñen e a súa escola de interpretación no seu enderezo web: https://artikavigo.com/






Ningún comentario:

Publicar un comentario

TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...