xoves, 6 de marzo de 2025

XXIX Certame Francisco Añón de Poesía

Co obxecto de promocionar os valores creativos e literarios en língua galega, asemade de homenaxear ao Poeta Francisco Añón, publicouse o XXIX Certame de poesía que leva o nome do célebre poeta. Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.

Prazo de presentación das obras: desde o día seguinte ao da publicación no boletín oficial da provincia ata o día 31 de marzo de 2025 (incluído). 

Cumprirá consultar abases da convocatoria no referido á forma de presentación, categorías de premios e contías, entre outra información relevante no seguinte enlace á web da Consellería de Educación: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45798



Ningún comentario:

Publicar un comentario

TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...