venres, 16 de maio de 2025

SEMANA CULTURAL. CUARTA XORNADA.

Neste ano no que o Día das Letras Galegas está dedicado ás Cantareiras, fomos afortunados de ter no noso cole ás Cantareiras Atlántida de Matamá e ás Xoltra de Cabral que nos falaron sobre os seus instrumentos e os diferentes traxes que usan segundo a ocasión na que se atopen. Ademais amenizaron a xornada cunha chea de cancións, deixando incluso que o noso alumnado as acompañara tocando e bailando ao seu carón. Non podemos estar máis agradecidas.


Ademais os nosos amigos da residencia @olecerseniorcare fixéronnos unha visita para gozar con nós desta bonita xornada. Foi fantástico ver como o noso alumnado achegouse a eles no tempo de lecer e espontáneamente comezaron a cantarlles cancións populares galegas para amenizarlles a espera. Que magnífica canteira de músicos temos no Josefa!



Ningún comentario:

Publicar un comentario