mércores, 26 de febreiro de 2025

Onte mércores 25 de febreiro o alumnado de 6º de E.I. e de 6º de E.P. acudiu á residencia "O lecer" para gozar do Entroido cos maiores.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, tanto que xa estamos desexando volver a compartir tempo xuntos.




 

luns, 24 de febreiro de 2025

Aínda que a noticia non está escrita en galego, Marcos Alonso, membro do colectivo Malaherba e pai dun dos nosos alumnos, fala neste artigo, publicado en "La voz de Galicia", sobre unha das lendas da nosa parroquia.

Así que pensamos que pode ser do voso interese para coñecer un pouco máis da nosa historia.

Animádevos a lelo!



xoves, 20 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro e xa podes visitar o recuncho da biblioteca no que consultar a súa historia e algunha das súas obras.


Así mesmo deixámosvos unha pequena biografía feita polo alumnado do CEIP Juan Rey de Vilanova de Lourenzá para que coñezades un pouco máis da súa vida. 




mércores, 19 de febreiro de 2025

Os nenos de 6º de E.I. decidiron intercambiar correspondencia co alumnado do mesmo curso da EEI A Pastora de Cambados tras saber que foi o cole no que estivo a súa mestra Nati antes de chegar ao Josefa Alonso.

Despois de pensar o que querían contarlles e preguntarlles, redactaron entre todos a carta e a escribiron. Metérona no sobre, puxeron o selo, remitente e destinatario e foron a levala á caixa de correos todos xuntos. 

Esta será a primeira de moitas!






venres, 14 de febreiro de 2025

PLATAFORMAS PARA VER PELÍCULAS E SERIES EN GALEGO

Se non sabes que facer esta fin de semana, unha boa idea e ver algunha película ou serie en Galego. E para que poidas atopar unha grande selección delas, deixámoste aquí varios enlaces para que poidas facelo: https://aschavesdalingua.gal/peliculas-e-series-en-galego/

Cal é a túa favorita?



xoves, 6 de febreiro de 2025

CONCURSOS LITERARIOS

Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan o VIII Concurso de microrrelatos, no que serán premiadas as nove mellores composicións que se presenten nas tres categorías: infantil, xuvenil e maiores de idade. Podedes enviar os traballos ata o 28 de febreiro. 

Todos os detalles da convocatoria están en: https://relatos.gal/.

Ademáis o IES Castelao de Vigo organiza, no marco das conmemoracións deste ano dedicado ao ilustre rianxeiro, o concurso literario-artístico As Cousas do Castelao

Poderán participar alumnas e alumnos de calquera centro de Galicia e tamén persoas adultas. As obras, que terán que ser inéditas e constar de texto e ilustración ao xeito das Cousas, deberán remitirse ao correo: cousasdocastelao@gmail.com, ata o 30 de marzo.

Animádevos a participar!

TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...