luns, 26 de maio de 2025

AUDICIÓNS PARA O TEMOS TALENTO

Ao longo desta semana levaranse a cabo as audicións para o "Temos Talento" da escola, que se celebrará o 20 de xuño.

Animádevos a presentarvos!!


luns, 19 de maio de 2025

Miniserie documental da RAG: "Se canto é porque quero"

A Real Academia Galega (RAG) difunde a súa produción da miniserie documental das Letras Galegas 2025 Se canto é porque quero. Xa pode verse en academia.gal e na canle de Youtube institucional. A proposta audiovisual dedicada ás cantareiras e á poesía popular oral destaca a riqueza dun tesouro cultural creado colectivamente polo pobo, especialmente por mulleres como as sete nas que a RAG personifica a celebración do vindeiro 17 de maio, e partindo do pasado reivindica o futuro dunha tradición chea de vida que están a reinterpretar as novas xeracións. 
A RAG irá publicando nas vindeiras semanas máis contidos divulgativos arredor do Día das Letras Galegas na sección da súa web centrada na gran festa da cultura galega (https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras).Incorporará tamén novas actividades interactivas á web de Primavera das Letras.



venres, 16 de maio de 2025

SEMANA CULTURAL. CUARTA XORNADA.

Neste ano no que o Día das Letras Galegas está dedicado ás Cantareiras, fomos afortunados de ter no noso cole ás Cantareiras Atlántida de Matamá e ás Xoltra de Cabral que nos falaron sobre os seus instrumentos e os diferentes traxes que usan segundo a ocasión na que se atopen. Ademais amenizaron a xornada cunha chea de cancións, deixando incluso que o noso alumnado as acompañara tocando e bailando ao seu carón. Non podemos estar máis agradecidas.


Ademais os nosos amigos da residencia @olecerseniorcare fixéronnos unha visita para gozar con nós desta bonita xornada. Foi fantástico ver como o noso alumnado achegouse a eles no tempo de lecer e espontáneamente comezaron a cantarlles cancións populares galegas para amenizarlles a espera. Que magnífica canteira de músicos temos no Josefa!



xoves, 15 de maio de 2025

SEMANA CULTURAL. TERCEIRA XORNADA.

Hoxe os protagonistas foron as persoas máis importantes do cole: todas as nosas alumnas e alumnos.

Con exposicións orais demostraron todo o que traballaron investigando durante o curso o PDI dos continentes. Falaron sobre animais, tipos de casas, civilizacións, tradicións…
Que ben o fixeron!!! Noraboa!!!






mércores, 14 de maio de 2025

SEMANA CULTURAL. SEGUNDA XORNADA.

Na segunda xornada da Semana Cultural as protagonistas foron as Cantareiras, ás que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Aprendimos moito sobre elas e sobre a tradición musical galega. O mellor do día foi ter a sorte de contar entre o noso alumnado con auténticas pandereteiras e pandereteiros que animaron a xornada a ritmo de “Palmira”.





martes, 13 de maio de 2025

COMEZA A SEMANA CULTURAL

Comezan na escola ás actividades da Semana Cultural!

Onte, por mor das condicións meteorolóxicas adversas, non puidemos realizar a primeira, un taller de orientación, que quedou adiado.

Hoxe os nenos e nenas da escola descubriron e gozaron con varios xogos tradicionais de madeira que lles ofreceron diversos beneficios, incluíndo o desenvolvemento físico, cognitivo, social e emocional. Estes xogos fomentan a creatividade, a imaxinación, a coordinación, a concentración, a memoria e as habilidades de resolución de problemas. Ademais, promoven a socialización, o traballo en equipo, a cooperación e o respecto polas normas. E todo iso, creando lazos coa nosa cultura.





luns, 5 de maio de 2025

TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...