venres, 20 de xuño de 2025

TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenario e amosara o que mellor sabe facer cada un ou co que máis desfruta.

Con 24 actuacións o xurado o tivo moi complicado. 

O mellor e máis importante da xornada foi poder compartila con toda a comunidade educativa e rematala cunha merenda coas familias para así levar cheos os corazóns, pero tamén as barrigas.

E con isto damos por pechado un curso escolar marabilloso.

Feliz verán!!




xoves, 19 de xuño de 2025

GRADUACIÓNS

Hoxe foi un día de sorrisos e lágrimas. Un día con certa tristura pola despedida pero cheo de ledicia polos momentos vividos xuntos.

Os nosos nenos de 6º de E.I. emprenden o seu voo cara primaria e o alumnado de 6º de E.P. cara o instituto.

A viaxe da aprendizaxe continúa e agardamos que as vosas maletas vaian cheas de bos momentos e moito coñecemento.

Feliz viaxe!! 







martes, 10 de xuño de 2025

RECANTO DE XOGOS

Non vos esquezades de pasar polo recanto de xogos en Galego para probar as adquisicións deste curso. 




luns, 2 de xuño de 2025

GOZANDO DA XORNADA ADIADA DA SEMANA CULTURAL

Por fin puidemos gozar da actividade que quedara adiada na Semana Cultural por mor do mal tempo. Así que cun sol radiante e unha boa temperatura, Candela achegounos ao mundo da orientación. Explicounos en que consiste e preparou dous mapas para diferentes idades para explorar polo colexio e atopar todas as balizas. 

O de hoxe so foi un entreno, así que preparádevos, porque na excursión de fin de curso temos preparada outra orientación que de seguro vos encantará!




luns, 26 de maio de 2025

AUDICIÓNS PARA O TEMOS TALENTO

Ao longo desta semana levaranse a cabo as audicións para o "Temos Talento" da escola, que se celebrará o 20 de xuño.

Animádevos a presentarvos!!


luns, 19 de maio de 2025

Miniserie documental da RAG: "Se canto é porque quero"

A Real Academia Galega (RAG) difunde a súa produción da miniserie documental das Letras Galegas 2025 Se canto é porque quero. Xa pode verse en academia.gal e na canle de Youtube institucional. A proposta audiovisual dedicada ás cantareiras e á poesía popular oral destaca a riqueza dun tesouro cultural creado colectivamente polo pobo, especialmente por mulleres como as sete nas que a RAG personifica a celebración do vindeiro 17 de maio, e partindo do pasado reivindica o futuro dunha tradición chea de vida que están a reinterpretar as novas xeracións. 
A RAG irá publicando nas vindeiras semanas máis contidos divulgativos arredor do Día das Letras Galegas na sección da súa web centrada na gran festa da cultura galega (https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras).Incorporará tamén novas actividades interactivas á web de Primavera das Letras.



venres, 16 de maio de 2025

SEMANA CULTURAL. CUARTA XORNADA.

Neste ano no que o Día das Letras Galegas está dedicado ás Cantareiras, fomos afortunados de ter no noso cole ás Cantareiras Atlántida de Matamá e ás Xoltra de Cabral que nos falaron sobre os seus instrumentos e os diferentes traxes que usan segundo a ocasión na que se atopen. Ademais amenizaron a xornada cunha chea de cancións, deixando incluso que o noso alumnado as acompañara tocando e bailando ao seu carón. Non podemos estar máis agradecidas.


Ademais os nosos amigos da residencia @olecerseniorcare fixéronnos unha visita para gozar con nós desta bonita xornada. Foi fantástico ver como o noso alumnado achegouse a eles no tempo de lecer e espontáneamente comezaron a cantarlles cancións populares galegas para amenizarlles a espera. Que magnífica canteira de músicos temos no Josefa!



TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...