Coma cada ano na nosa parroquia terá lugar a Festa da Sementeira. Deixámosvos o cartel coa programación por se vos animades a participar.
mércores, 30 de abril de 2025
venres, 25 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO
mércores, 23 de abril de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º de E.P. e 6º de E.P. do CEIP Vilatuxe queren recomendarvos algúns dos seus contos e libros favoritos para festexar que hoxe é o día do libro.
Estamos seguras de que moitos deles xa os coñecedes...
Cal sería a vosa recomendación?
Recomendación de E.I:
Recomendación de 1º E.P:
luns, 31 de marzo de 2025
Hoxe querémosvos propoñer un plan para esta fin de semana, e que mellor idea que a de facer unha excursión ate Pontevedra para visitar o Salón do libro 2025 para mergullarse no máxico mundo da literatura.
Podedes atopar toda a información sobre o programa e as actividades que teñen planificadas na páxina web oficial: https://www.salondolibro.gal/
mércores, 19 de marzo de 2025
Hoxe o alumnado de E.I. da escola, acudiu á Sala Ártika para gozar da representación da obra: "Pum! Pum! Quen hai?" unha comedia musical que celebra a curiosidade, a diversidade e o valor da convivencia, mesturando humor, música e emocións.
Dita sala, este ano, festexa o seu décimo aniversario cun percorrido cheo de arte, creatividade e innovación escénica nun espazo independente e comprometido coa cultura Galega.
Podedes atopar máis información sobre a programación que teñen e a súa escola de interpretación no seu enderezo web: https://artikavigo.com/
venres, 14 de marzo de 2025
Entre o 10 e o 16 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa e foron moitas as actividades que se fixeron na escola.
Hoxe os nenos e nenas de E.I. ao chegar á aula de Psicomotricidade atopáronse cunha instalación chea de letras coa que experimentar: resgaron, pasaron por debaixo das cortinas, fixeron camas, buscaron as letras dos seus nomes, leron titulares, comentaron fotos, debuxaron...
E ti, que farías?
venres, 7 de marzo de 2025
GALEGAS INFLUENTES NA CULTURA
Hoxe 7 de marzo, no periódico "La voz de Galicia" atopamos un artigo sobre as 20 mulleres máis infuentes na cultura galega moi interesante e queriamos compartilo convosco.
Podedes consultalo na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2025/03/07/20-galegas-mais-influentes-da-cultura/0003_202503SF7P1991.htm#:~:text=Algunas%20das%20mulleres%20galegas%20m%C3%A1is,Marta%20Pazos%20e%20Chelo%20Loureiro.
Sabemos que son moitísimas máis e gustaríanos saber cal sería a vosa elexida.
TEMOS TALENTO
Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...
-
Se non sabes que facer esta fin de semana, unha boa idea e ver algunha película ou serie en Galego. E para que poidas atopar unha grande sel...
-
Ao longo desta semana levaranse a cabo as audicións para o "Temos Talento" da escola, que se celebrará o 20 de xuño. Animádevos a ...
-
Na segunda xornada da Semana Cultural as protagonistas foron as Cantareiras, ás que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Aprendi...




