xoves, 15 de maio de 2025

SEMANA CULTURAL. TERCEIRA XORNADA.

Hoxe os protagonistas foron as persoas máis importantes do cole: todas as nosas alumnas e alumnos.

Con exposicións orais demostraron todo o que traballaron investigando durante o curso o PDI dos continentes. Falaron sobre animais, tipos de casas, civilizacións, tradicións…
Que ben o fixeron!!! Noraboa!!!






mércores, 14 de maio de 2025

SEMANA CULTURAL. SEGUNDA XORNADA.

Na segunda xornada da Semana Cultural as protagonistas foron as Cantareiras, ás que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Aprendimos moito sobre elas e sobre a tradición musical galega. O mellor do día foi ter a sorte de contar entre o noso alumnado con auténticas pandereteiras e pandereteiros que animaron a xornada a ritmo de “Palmira”.





martes, 13 de maio de 2025

COMEZA A SEMANA CULTURAL

Comezan na escola ás actividades da Semana Cultural!

Onte, por mor das condicións meteorolóxicas adversas, non puidemos realizar a primeira, un taller de orientación, que quedou adiado.

Hoxe os nenos e nenas da escola descubriron e gozaron con varios xogos tradicionais de madeira que lles ofreceron diversos beneficios, incluíndo o desenvolvemento físico, cognitivo, social e emocional. Estes xogos fomentan a creatividade, a imaxinación, a coordinación, a concentración, a memoria e as habilidades de resolución de problemas. Ademais, promoven a socialización, o traballo en equipo, a cooperación e o respecto polas normas. E todo iso, creando lazos coa nosa cultura.





luns, 5 de maio de 2025

mércores, 30 de abril de 2025

FESTA DA SEMENTEIRA

Coma cada ano na nosa parroquia terá lugar a Festa da Sementeira. Deixámosvos o cartel coa programación por se vos animades a participar.



venres, 25 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

Un ano máis, conmemoramos na escola o Día do libro, co apadriñamento lector no que os maiores escollen un conto adaptado aos pequenos e comparten xuntos a lectura do mesmo.
Este ano por mor do tempo tocounos facelo no interior do centro no que cada parella buscou un recanto do seu agrado para ler; e ao rematar, os maiores tamén tiveron unha sorpresa feita con moito cariño polos pequenos: un marca páxinas personalizado. 






mércores, 23 de abril de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º de E.P. e 6º de E.P. do CEIP Vilatuxe queren recomendarvos algúns dos seus contos e libros favoritos para festexar que hoxe é o día do libro.

Estamos seguras de que moitos deles xa os coñecedes...

Cal sería a vosa recomendación?

Recomendación de E.I:




Recomendación de 1º E.P:


Recomendación de 6º de E.P:





TEMOS TALENTO

Se hai algo que temos de sobra nesta escola é talento. E hoxe, para pechar o curso, foi o día elixido para que o alumnado subira ao escenari...